luns, 30 de marzo de 2020

RETO 1: R.A.

A Realidade Aumentada (R.A.) é un tipo de tecnoloxía que permite combinar unha imaxe real cunha imaxe virtual a través dunha pantalla (teléfono móbil, ordenador, tablet...). Deuse a coñecer mundialmente a través do xogo Pokemon GO.

Os grandes Superheroes e Superheroínas son uns expertos nela, e agora tócache a ti. Tan só tes que seguir estes pasos:

1. Pide a un adulto un teléfono móbil.

2. Busca en Google Chrome o nome dun animal ("tigre", "lobo", "oso", "oso panda", "cabra", "gato", "pingüino", "tiburón", "erizo", "caballo", "pato", "pulpo", "águila", "perro", "tortuga"...).

3. Elixe a opción "Ver en 3D".

4. Preme en "Ver en tu espacio".

5. Apunta co móbil cara abaixo e móveo en círculos.

6. Axusta ao teu gusto o seu tamaño.

7. Sácalle unha foto.

 
Para conseguir o reto debes enviar a túa fotografía ao correo electrónico.

Ánimo futuro Superheroe/Superheroína!

Estes son os meus!






sábado, 28 de marzo de 2020

MISIÓN 2: "ABURRIMENTI"

Se a "ABURRIMENTI" queres derrotar,
do aburrimento has de escapar.
Para iso, á túa familia debes xuntar
e a #quedamosnacasa tes que xogar.

https://view.genial.ly/5e720df40ee9570f5b714b86


venres, 27 de marzo de 2020

Curiosidade: Día Mundial do Teatro

Hoxe, 27 de marzo, celébrase o día Mundial do Teatro. Conmemórase este día dende o ano 1961 co fin de dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura.

Nós xa tivemos a sorte de visitar o Teatro Pastor Díaz e descubrir os seus segredos. Agora é o momento de coñecer o Teatro Real (Madrid) e o Teatro Arriaga Antzokia (Bilbao) facendo unha visita virtual ao premer sobre as fotos.

Teatro Real
Teatro Arriaga Antzokia

Cal che gustou máis? Clica en comentarios e escribe a túa opinión.

Adestramento musical 1: Ritmo

A música é unha das 7 belas artes (xunto á arquitectura, escultura, pintura, literatura, danza e cine) e ten moitos beneficios para a nosa saúde. Axúdanos a relaxarnos, divertirnos, mellorar o noso estado de ánimo, desenvolver a memoria...

Ademais, hai unha expresión que di que "A música amansa as feras". Escoitáchela algunha vez? Ten a súa orixe na lenda de Orfeo, un poeta e músico grego que calmaba as feras máis salvaxes cantando e tocando a súa lira.

Por todo isto, é importante adestrarse en determinados aspectos musicais para ser un bo Superheroe ou Superheroína. Comezaremos por recordar e practicar un dos elementos máis importantes: o RITMO. Recordas o que é?

Poderíase definir como a organización dos sons no tempo. En música, represéntase a través das figuras e os seus silencios



Comeza o teu adestramento premendo enriba das imaxes. Ánimo!

https://www.youtube.com/watch?v=bZUrUFTyjsc
 
https://aprendomusica.com/const2/09negraysilencio/negraysilencio.html

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html
https://aprendomusica.com/const2/30dictadoritmico1/dictadoritmico1.html


xoves, 26 de marzo de 2020

Adestramento matemático 1: Cálculo mental

Os Superheroes e Superheroínas teñen un cerebro moi áxil e forte grazas á práctica do cálculo mental. Este axúdalles a desenvolver a memoria e a aumentar a rapidez mental.

Preme enriba dos xogos que máis che gusten e a... ADESTRAR!

https://www.tablasdemultiplicar.com/con-gatos.html
https://www.tablasdemultiplicar.com/carrera-de-multiplicar.html
 https://www.tablasdemultiplicar.com/matematicas-submarinas.html
http://www.supersaber.com/carreraMates.htm

MISIÓN 1: "AVATARÍZATE"

O dicionario da RAG (Real Academia Galega) define avatar como "identidade dixital que adopta un usuario dun servizo de Internet, como unha charla, xogo en rede ou foro".

Este é o meu!
https://superherotar.framiq.com/es/construir/
 
Clica enriba del e crea o teu. Despois, ponlle nome e asígnalle 2 superpoderes.

Para completar a túa primeira misión debes envialo ao correo electrónico que vos mandou a vosa mestra. 

Adiante futuro Superheroe/Superheroína!

mércores, 25 de marzo de 2020

Carta de Súper Música

 


Gotham, 24 de marzo de 2020 

Queridos nenos e nenas do colexio Santa Rita de Galdo:
Son Super Música e vólvome a poñer en contacto con vós porque preciso a vosa axuda.
Como xa saberedes, chegou o vilán COVID-19, un virus moi contaxioso que apareceu en Wuhan (China) e que paraliza todo país ao que viaxa, obrigando aos seus habitantes a quedar na casa para evitar máis contaxios.
Todos os membros da Superescola, coa axuda doutros superheroes e superheroínas sen capa (enfermeirxs, celodores, médicxs, traballadores de supermercados e farmacias, agricultores, gandeirxs, policías...) estamos loitando contra el, pero non somos capaces de derrotalo. Chegou o momento de que nos axudedes.
Para iso, deberedes ingresar na Súper Escola e superar os diferentes retos e misións que vaian xurdindo.
A recompensa das vosas fazañas será acadar o magnífico e inigualable título de Superheroe ou Superheroína, xunto co seu carné e o seu recoñecemento a nivel mundial.
Agardamos que aproveitedes moi ben esta gran oportunidade, pois é única e irrepetible. Confiamos en todos vós! Con ilusión, compromiso, valentía, perseveranza, traballo e educación podedes chegar a ser uns grandes Superheroes e Superheroínas, e xuntos poderemos vencer aos viláns que queren erradicar a humanidade.
Estade moi atentos aos retos e misións que vos irei enviando.
Ata pronto!
Atentamente
Directora da Súper Escola
Captain America - Busy Captain America - Busy