Temos novo blogue de Educación Física, no que a mestra Rebe vos propón o 1º reto.
Non vos esquezades de visitalo! Preme aquí ou no enlace da columna da dereita, no apartado "Blogues de interese".
luns, 27 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
Reto 6: Obradoiro de instrumentos
Tocar un instrumento axúdanos a desenvolver a memoria, atención e concentración, a estimular a nosa imaxinación e creatividade e permítenos mellorar o noso estado de ánimo, cousas fundamentais para ser un gran Superheroe ou Superheroína.
Por iso vos propoñemos o seguinte reto: CONSTRUÍR UNHA FRAUTA CUNHA PALLIÑA, xa que sabemos que é posible que non teñades ningún instrumento na casa. Tan só tedes que coller unha palliña e unha tesoira e seguir os pasos que vos indica Abraham Cupeiro.
Para superar o reto, debedes enviar ao correo electrónico unha foto do instrumento construído e un audio no que se vos escoite tocándoo.
Avanti!
xoves, 23 de abril de 2020
Curiosidade: Día Internacional do libro
Cada 23 de abril celebramos o Día Internacional do Libro co fin de fomentar a lectura. Elexiuse esta data porque tal día coma hoxe no ano 1616 faleceron tres grandes escritores universais: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Por que tes que ler?
Ler permítenos viaxar e ter aventuras por todo o mundo sen ter que movernos, desenvolve a nosa imaxinación e creatividade, danos ideas e sobre todo axúdanos a aprender.
Ler permítenos viaxar e ter aventuras por todo o mundo sen ter que movernos, desenvolve a nosa imaxinación e creatividade, danos ideas e sobre todo axúdanos a aprender.
MINI-RETO 5: Escolle o teu libro favorito e pensa 3 razóns polas que o elexiche para convencernos de que o temos que ler. Logo, escríbeas ou grávaas nun audio e envíaas por correo electrónico.
Por último, déixovos a mensaxe que vos envía a mestra Ermi.
mércores, 22 de abril de 2020
Curiosidade: Día da Terra
Dende 1970, o 22 de abril celébrase o Día da Terra co fin de concienciar sobre a importancia de coidar e conservar o noso planeta.
Para festexar o seu 50 aniversario, agárdavos unha sorpresa en Bibliogaldo así como tamén unha proposta de actividade moi chula. Anímaste a facela?
Propostas de Relixión
Ola
nenos e nenas! Son María Dolores, a profesora de Relixión.
Agardo
que todos e todas esteades ben, xunto coa vosa familia.
Agora
teríamos que volver a clase despois das vacacións, pero por culpa
dun virus invisible temos que seguir quedando na casa para non
enfermar, é o momento de disfrutar da familia e facer cousas
diferentes.
Propóñovos
que unha vez a semana, que sería cando tíñamos clase, virades en
internet uns vídeos dos que vos deixo as direccións.
Pensade
na mensaxe que nos queren transmitir e despois cando retomemos as
clases faremos comentarios delas.
Acórdome
moito de vós. Unha forte aperta desde lonxe.
Binta y la gran idea
El hombre que hacía milagros
Grandes Héroes y Leyendas de la Biblia
(Entre outros títulos que se poden elexir)
Madre Teresa
Big hero 6
martes, 21 de abril de 2020
Adestramento auditivo 1: "Cinco minutiños máis"
Saber escoitar é unha das habilidades máis importantes e necesarias para ter unha boa comunicación. Existe un proverbio oriental que di: "Ninguén amosa máis a súa torpeza e mala educación, que o que empeza a falar antes de que concluíse o seu interlocutor".
Ao poñer en práctica esta habilidade estás desenvolvendo a atención, o silencio e a empatía, características fundamentais dun gran Superheroe e Superheroína.
Para practicar, Bibliogaldo proponnos escoitar un videoconto realizado pola mestra Inés coa axuda do seu fillo Antón titulado "Cinco minutiños máis".
Se queres demostrar que sabes escoitar,
este MINI-RETO ao correo electrónico tes que enviar.
MINI-RETO 4: Fai un vídeo, audio ou texto contestando a estas preguntas:
1. Que foi o que máis che gustou?
2. Cantas actividades saen facendo os raposos?
3. Cales son as palabras que aparecen escritas?
4. Ti tamén lle pides á túa nai ou ao teu pai "cinco minutiños máis"?
5. Cal é a actividade que máis che gusta facer cun maior da túa familia?
6. Se tiveses que elexir cinco palabras que aparecen no videoconto, cales serían? Cítaas e forma unha oración con cada unha delas.
*Recordade que podedes ver este e outros vídeos do colexio na nosa canle de Youtube. Podedes acceder a ela no enlace que aparece na columna da dereita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



